0
17h jueves en Concello de Vilagarcía. Entrada libre 

AVISO Pleno Municipal Vilagarcía


Orde do día da Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 28 de novembro 2019, ás 17,00 horas.


ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 31 de outubro de 2019.
2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes outubro de 2019.
3. Toma de coñecemento da relación de investimentos solicitados á Deputación Provincial de Pontevedra con motivo da reinversión de baixas nos investimentos do Plan Concellos 2017.
4. Aprobación inicial, se procede, de Expte. de modificación de crédito por suplemento nº 02/SC/2019 e de cambio de finalidade de financiamento afectado dos Fondos FEDER nº 03/CF/2019.
5. Aprobación inicial, se procede, de Expte. de modificación de crédito por suplemento nº 03/SC/2019 e autorización de emprego do fondo de continxencia para o seu financiamento.
6. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
7. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do BNG en relación coas demandas da plataforma en defensa dos dereitos nacionais de Galiza.
8. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal de Marea da Vila para o fomento e desenvolvemento de patios escolares inclusivos e coeducativos.
9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do PP en defensa das liberdades educativas consagradas na Constitución.
10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do PSG-PSOE sobre creación dun punto de encontro familiar en Vilagarcía de Arousa.
11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de Ciudadanos sobre realización dun estudo para a mellora do transporte público urbano.
12. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
13. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
14. Rogos e preguntas formuladas polos membros da Corporación Municipal.
15. Quenda de rogos e preguntas entre as persoas que asisten como público á sesión.
Vilagarcía de Arousa,28 de outubro de 2019.
28nov
noviembre 2019
📣 aviso, anuncio, política



Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top