11h luns a venres en Televisión de Galicia. 

Programa 'Estache bo' na TVG con Xoanqui Ameixeiras  


Programa gastronómico presentado esta nova tempada polo vilagarcián Xoanqui Ameixeiras, quen amosará de luns a venres as 11h da mañá, como elaborar receitas caseiras dun xeito sinxelo, que sorprenderán polo seu atractivo e sabor.

Xoanqui e un coñecido na televisión de Galicia pola sua participación no programa "Desafío nos Fogóns" e na radio como colaborador do programa "Comer e Falar" que dirixe e presenta Jose Manuel García.

En cada programa achegará, ao longo de 25 minutos, cociña saudable os fogares de todos os galegos. A idea é trasladarlle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

Dende hoxe luns, e cada mañá as 11h de luns a venres, Xoanqui ofrecerá recetas caseiras na pantalla da televisión autonómica.

Xoanqui participando no programa 'Desafío nos Fogóns'
Xoanqui no seu papel extra na serie "Oeste, Vivir sin Permiso"



14oct, 15oct, 16oct, 17oct, 18oct, 21oct, 22oct, 23oct, 24oct, 25oct, 28oct, 29oct, 30oct, 31oct, 01nov 
octubre, noviembre 2019 
lunes, martes, miércoles, jueves, viernes 
actividad 
🎬  
 
Top