20h viernes en Sala Rivas Briones y 19h sábado en Auditorio, Vilagarcía. Entrada libre. 

 Inauguración das exposicións do Festival Curtas 


ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!
Inauguramos as exposicións de #Curtas2019. Do fantástico mundo de Harry Potter ao espazo sideral, pasando pola obra mestra da banda deseñada V de Vendetta e os Seres Máxicos de Galicia. Non faltedes! Agardámosvos!!!

O venres as 20h inauguración das exposicións na Sala Rivas Briones:



E o sábado as 19h inauguración das exposicións no Auditorio:

CONAN, PINCEIS BÁRBAROS
Pasqual Ferry, Carlos Pacheco, Salvador Larroca, Daniel Acuña, Kiko Dasilva, Carla Berrocal, David Rubín, Das Pastoras, Pepe Larráz, Ariel Olivetti, Luis Royo, Natacha Bustos, Esteban Maroto, Belén Ortega e moitos máis nunha exposición única, que chega por primeira vez a Galicia, homenaxeando a creación de Robert E. Howard e a súa adaptación ó cine có protagonismo de Arnold Schwarzenegger.

PATOLA TI
A exposición Patola Ti busca unha aproximación a arte feita por mulleres, aloxándonos da mirada única que nos impón a historia. Reivindicamos, fora do papel de musa, o de creadora. Fronte o papel de coidadora, as mulleres paren arte, e redescubren o seu corpo dende o desexo propio, con diferentes técnicas e visións o servizo de experiencias comúns.


"Convidámosche á inauguración da nosa exposición Patola Ti dentro do marco de Curtas, Festival de Cine e Banda Deseñada. “Rompemos co patrón establecido para Resaltar a figura da Muller cómo creadora” Terá lugar o 5 de Outubro de 2019 ás 19 horas na sala de exposicións do Auditorio de Vilagarcía de Arousa E para rematar, por primera vez en Vilagarcía, cómo primicia mundial o debut de Dj Bicha. Non o perdas! Cando todos comecen a falar dela, ti xa serás fan declarado."


Lembrade: INAUGURACIÓN EXPOSICIÓNS CURTAS 2019

Harry Potter/ V de Vendetta/ Seres Máxicos/ Maquetas naves espaciais:
- Venres 4 de outubro
- 20 horas
- Sala Rivas Briones

Expo colectiva de mulleres artistas Patola Ti/ Conan: 
-Sábado 5 outubro
-19 horas
- Auditorio

04oct, 05oct
octubre 2019



 
Top