19h sábado en Sala Rivas Briones Vilagarcía. Entrada libre. 

PRESENTACIÓN LIBRO "Seres Máxicos de Galicia e Onde Atopalos"


Presentación do libro cos relatos e ilustracións gañadores e finalistas do II Concurso de Contos de Fantasía en Galego e o I Concurso de Ilustración. Coa presenza dos escritores, artistas e xurados.

Tras o exito da experiencia do ano pasado co Concurso de Contos de Fantasía en Galego, Curtas Fest convocou unha nova edición deste certame literario que nesta ocasión leva por título “Seres máxicos de Galicia e onde atopalos” e esta adicadas ás criaturas que habitaron o noso maxín popular non fai tanto tempo. Así nesta ocasión os protagonistas son as Mouras, Urcos, Serpes, Cocas, Nubeiros, Ondiñas, Demos, Xacias, Tardos, Meigas e tantas outras criaturas que forman parte esencial do folclore galego.

Os contos son inéditos, escritos en galego, ambientados en Galicia, valorause a inclusión da Comarca do Salnés e de Vilagarcía de Arousa, e aparecen algun dos seres máxicos do noso folclore.

O xurado está composto por:

Maite Mosconi

(Asados, Rianxo, 1985). Estudou Pedagoxía e tivo diferentes traballos como animadora sociocultural e técnica de actividades culturais en Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol.
Estreouse como escritora de fantasía con “Gaedheal, Libro 1 de las Invasiones” (marzo de 2018, autopublicación), unha novela que trata sobre a cultura e a mitoloxía celta e é a primeira parte do que será unha saga. En “Sangre y ceniza” (decembro de 2018, tamén autopublicación), afonda na temática dese primeiro libro.
Arestora está inmersa en diversos proxectos literarios: a segunda parte da saga, unha obra para nenos/as baseada en lendas populares galegas, poemas, relatos curtos de terror… E colabora na sección de relatos do portal web de crítica literaria www.alibrería.com con “Helheim”, unha historia de fantasía xuvenil distópica.

Tomás Rivera

(A Coruña, 1977). Blogueiro, escritor e redactor de contidos. É editor da revista Tantrum e membro do colectivo Inicia Literaria. Publicou relatos en Contos Estraños e a novela curta “Nómada” en Siderālis. Administra o blogue KindleGarten e participa no podcast El Sótano de Radio Belgrado. Colabora con artigos e recensións literarias nas revistas especializadas Windumanoth, Libros Prohibidos e Hyperspace. Publica novelettes western en Leyendas del Colt co seudónimo Kenneth James.

Ramiro Torres

(A Coruña, 1973). Diplomado en Graduado Social na Universidade da Coruña. Publicou o poemario Esplendor Arcano a fins de 2012, tendo participado tamén en varias obras colectivas. Foi membro do Grupo Surrealista Galego e codirector da revista dixital Palavra Comum até 2017. Traballa actualmente na secretaría técnica da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega (AELG), labor que compaxina coa difusión nas redes de proxectos culturais, a colaboración en varias publicacións e a creación poética.

26oct
octubre 2019
Festival Curtas


 
Top