9h-14h domingo en Estadio Atletismo Fontecarmoa, Vilagarcía. Entrada libre. 

ATLETISMO VIII Liga de Inverno de Categorías Menores Abanca 


A Federación Galega de Atletismo organizará a VIII Liga Galega ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES DE INVERNO para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 integrada por varias xornadas previas clasificatorias a celebrar en varias zoas e unha final por equipos.

O 3 de novembro a xornada será en Vilagarcía de Arousa, sede da Agrupación Atlética Mazí, participante na liga.

46 equipos na VIII Liga ABANCA


A Federación Galega de Atletismo organizará dende o 26 de outubro ata o 30 de novembro as fases previas da  VIII Liga Galega ABANCA de menores para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14. Esta liga está integrada por un total de dazoito  xornadas previas clasificatorias, a celebrar nas zonas de Coruña-Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra-Vigo, Santiago e Valdeorras, á que acudirán corenta e seis equipos.Ó final das mesmas, disputarase unha fase final cos mellores equipos clasificados.

A fase final destas previas será o vindiero dia 15 de decembro na pista cuberta de Expourense onde se agarda sexa a gran festa do atletismo base de inverno.

03nov
septiembre 2019


 
Top