20h viernes en O Faiado da Memoria, Ravella 11, Vilagarcía. Entrada libre. 

💬  'GOLPISTAS E VERDUGOS DE 1936. HISTORIA DUN PASADO INCÓMODO' PRESENTACIÓN DO LIBRO DE LOUREZO FERNÁNDEZ E ANTONIO MÍGUEZ MACHO 


Esta é a historia dos verdugos.

Non é unha historia heroica nin agradable, tampouco unha historia esquecida. É unha historia que non tiñamos ganas de coñecer, pero que os historiadores e as historiadoras estamos obrgados a indagar e contextualizar. O coñecemento sempre resulta sorprensivo e desvenda erros, mitos, deformacións teresadas. Iso intentamos.

Os lectores coñecerán neste libro as dimensións sociais dos verdugos e os colaboradores. Canto se estende a marcha da violencia do golpe. Coñecerán os golpistas perseguindo as autoridades, empezando polas militares. Como foron fusiladas autoridades civís, militares, policiais e administrativas sen que imaxinasen que ían ser executadas, porque esa posibilidade non formaba parte do seu mundo, nin da súa experiencia vital e política.

En O Faiado da Memoria

11oct
octubre 2019

 
Top